Feeds RSS
Feeds RSS

4 jun. 2015

AUTOBUSES

DURANTE ESTES ANOS, QUEDOUNOS QUE OS MEDIOS DE TRANSPORTE SON UN TEMA APAIXOANTE PARA LUCA.
FÁLANOS MOITO DOS TRENS, DA SÚA ESTACIÓN QUE PENSO QUE VISITA CON ASIDUIDADE, E SEMPRE QUIXO SER CONDUTOR DE AUTOBÚS...

ESA FOI A RAZÓN DE QUE O TEMA DO SEU PROXECTO FORON... OS AUTOBUSES!!!!!


COMA TODOS E TODAS, MOI BEN INFORMADO. FALOUNOS DOS TIPOS DE AUTOBUSES, DOS RECORRIDOS QUE PODÍAN FACER...


video

MONUMENTOS IMPORTANTES

TOCOULLE A DANIEL MOURENTE EXPOÑER O SEU PROXECTO. TODOS OS QUE O COÑECEMOS SABEMOS QUE O QUE LLE CUSTA FALAR EN PÚBLICO DEBIDO A SÚA TIMIDEZ E SABEMOS QUE FIXO UN GRAN ESFORZO.

NUN PRINCIPIO FALOUNOS DOS MONUMENTOS IMPORTANTES QUE HABÍA EN ESPAÑA. NON ESQUECEU UN SO NOME NIN EN QUE LUGAR SE ATOPABAN
 
PERO NON QUEDABA AHI A COUSA. SACOU OUTRO MURAL E FALOUNOS TAMÉN DE MONUMENTOS IMPORTANTES QUE HABÍA NOUTRAS CIDADES COMO PARÍS, LONDRES OU NEW YORK. IMPRESIONANTE!!!!
SABÍA TODOS OS NOMES E O SIGNIFICADO DESES MONUMENTOS.

OS COMPIS E AS COMPIS PARTICIPARON MOITO PORQUE COÑECÍAN ALGÚN O ESTIVERAN CERCA OU COÑECÍAN A ALGUÉN QUE SI ESTIVER E BLA BLA BLA...
YA SABEDES O MOITO QUE LLES GUSTA AOS VOSOS FILLOS E FILLAS FALAR!!!

25 may. 2015

VIDEO SOBRE METAMORFOSIS DE VERMES DE SEDA

LA HISTORIA DE MIS GUSANOS DE SEDA

+ VERMES DE SEDA

XA PASOU O TEMPO E OS NOSOS CONVIDADOS FORON MEDRANDO, ISO SI, NO NOS EXTRAÑA QUE MEDREN CO QUE COMEN.
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE AXUDARON OU SE OFRECERON A AXUDAR A ATENDELOS NAS FINS DE SEMANA.
NA AULA, SON OS PEQUES OS QUE SE ENCARGARON DE LIMPALOS E COIDALOS.















AGORA, POR FIN, XA ENCASULARON E ESTAMOS A ESPERAR A QUE SAIAN AS BOLBORETAS QUE PORÁN NOVAMENTE OVOS. ESTES OVOS TEREMOS QUE GARDALOS ATA A PRÓXIMA PRIMAVERA PARA VOLVER A OBSERVAR TODO O CICLO.




30 abr. 2015

VERMES DE SEDA

AÍNDA QUE O CURSO ESTÁ REMATANDO, NÓS NON AMINORAMOS A MARCHA. O 13 DE ABRIL TROUXEMOS UNS NOVOS MEMBROS Á ESCOLA, OS VERMES DE SEDA.

EN REALIDADE, ERAN SÓ UNS OVOS PERO EN DOUS DÍAS ECLOSIONARON E SAÍRON UNS VERMILLOS PEQUENIÑOS DE COR NEGRA.


OS DÍAS PASAN, E COMO NON PARAN DE COMER, XA ESTÁN MOI GRANDES. 

ESTÁN ANSIOSOS POR VER COMO MEDRAN E COMO COMEZAN A SÚA TRANSFORMACIÓN.




VENEZUELA

TOCOULLE  A ANDREA PREPARAR A SÚA EXPOSICIÓN. XA SABEDES QUE É MOI TÍMIDA PERO AO FALAR DE VENEZUELA, O PAÍS DA SÚA MAMÁ VEUSE PERO QUE MOI MOI ARRIBA.

 ENSINOUNOS A SÚA BANDEIRA, ANIMAIS TÍPICOS DE AQUEL PAÍS E FOINOS EXPLICANDO CARACTERÍSTICAS, COMIDAS, CLIMA E CANCIÓNS DESE PAÍS.










video

A BARQUIÑA, NOIA

A CASA PATERNA DE JOSE CHÁMASE A BARQUIÑA, ESTÁ EN NOIA.
JOSE TÍÑANOS FALADO DA LANCHA DE SEU PAI PERO NUNCA NOS CONTARA A PRECIOSA ALDEA DE SÚA AVOA.
IMPRESIONANTE!!!!

ESTA CASA MARIÑEIRA AO LADO DO MAR É A CASA DA AVOA
FALOUNOS DE COMO ERA A SÚA ALDEA, DE COMO XOGABA NA PRAIA, E COMO ERA A LANCHA DE SEU PAI. TAMÉN NOS TROUXO CUNCHAS RECOLLIDAS NA PRAIA E COMO OS COMPIS MOSTRARON MOITO INTERÉS POLOS ANIMAIS CORRESPONDENTES AS CUNCHAS, TROUXO OUTRO DÍA AMEIXAS, MEXILLÓNS, MINCHAS E CANGREXOS VIVOS...
QUEDARON FLIPADOS!!!!

video


TROUXONOS TAMÉN UN VÍDEO DE UN HIDROAVIÓN COLLENDO AUGA PARA APAGAR UN INCENDIO. TIVEN QUE POÑELO NA AULA UNHAS 10 VECES DO TOLOS QUE QUEDARON.

video